Seminario a cargo da Profesora Noemí Girbal - Blacha, Investigadora do CONICET de Arxentina

Hoxe visitará HISTAGRA, a Dra. Dna Noemí Girbal – Blacha, Investigadora Sperior do CONICET (Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas de Argentina) e Directora do Centro de Estudios de la Argentina Rural (CEAR), ascrito á Universidade de Quilmes. A Profesora Girbal – Blacha presidiu a Asociación Argentina de Historia Económica (1996 – 2001) e foi nomeada en 2007 Doutora Honoris Causa pola Université de Pau et Pays de l´Adour (Francia).

A súa conferencia nos seminarios de debate de HISTAGRA, que levará por título: “La Argentina rural: de `granero del mundo´a país sojero” e se celebrará na Aula de Máster do Depto de Historia Contemporánea e de América o xoves día 7 de marzo ás 12h. Como anticipo, colgamos na nosa web un artigo da autoría da Profa. Girbal – Blacha, que amablemente ela mesma nos proporcionou para que nos poidamos formar unha idea máis completa sobre as grandes liñas de investigación na recente historiografía agraria arxentina.

Trátase en concreto do texto:

GIRBAL – BLACHA, Noemí (2010), “La historiografía rural argentina en tiempos del Bicentenario de la Revolución de Mayo de 1810”, Mundo Agrario. Revista de Estudios Rurales, 20, pp. 1 – 18.

Documents