Sesión de traballo de campo no Concello de Chantada con Ramón Villares Paz

Visita conducida por Ramón Villares Paz ás parroquias do concello e á vila de Chantada para falarmos da dispoñibilidade de datos acerca da propiedade, a súa evolución pasada e o seu estado actual.
A xornada comezou coa explicación, sobre o terreo, das particularidades da paisaxe desta zona con diferentes paradas para observar a división da terra, productividade e orixe da mesma.Visitouse a adega Vía Romana onde o grupo recibiu unha pormenorizada explicación acerca da elaboración dos viños da Ribeira Sacra. Rematou a visita na praza principal da vila de Chantada.