A derradeira xornada do Coloquio "A propiedade da terra: desde a historia para o futuro" analiza o valor da propiedade da terra na actualidade

A derradeira xornada do Coloquio "A propiedade da terra: desde a historia para o futuro" ten como obxectivo fundamental dar resposta á cuestión sobre o valor da propiedade na terra no momento actual. Diferentes profesionais relacionados co ambito docente desde o campo da Historia, a Enxeñeria agrónoma e a Economía, analizan o pasado e o presente da propiedade e uso da terra. Os seus efectos territoriais e a organización da produción.
Coa celebración destas últimas mesas de debate, este encontro logra arroxar luz sobre un tema de plena actualidade e primordial na Galicia actual polas súas profundas repercusións nos planos económico, cultural e ambiental. A situación actual da propiedade da terra en Galicia, a súa relación cos principais cambios da paisaxe en anos recentes, e cos obstáculos para a mobilización produtiva da terra.
A cuestión sobre o abandono, supervivencia e futuro das explotacións agrarias precisa dunha aproximación ao problema da disociación entre propiedade e uso que non foron capaces de frear o peche continuado de pequenas explotacións familiares. No momento actual, a inminente reforma da Política Agraria Común sitúa novos interrogantes ante o futuro destas explotacións, mais tamén novas oportunidades. Novos instrumentos e estratexias para a conciliación de propiedade e uso son posibles. Esta sesión trata sobre a necesidade de romper vellos esquemas e propoñer iniciativas innovadoras para a mobilización da terra como recurso.
Participantes: Eduardo Corbelle Rico (USC), Xoan Carlos Carreira Pérez (USC), Edelmiro López Iglesias (USC), Xavier Simón Fernández (UdV), Francisco Ónega López (USC), Xaquín Fernández Leiceaga (USC), Francisco Xabier Barreiro Carracedo (presidente de la cooperativa Monte Cabalar, Rafael Crecente Maseda (USC) e David Miranda Barrós (USC).
VÍDEO da intervención do Profesor Xavier Simón. Parte I:
VÍDEO da intervención do Profesor Xavier Simón. Parte II:
VÍDEO da intervención de Eduardo Corbelle Rico (USC). Parte I:
VÍDEO da intervención de Eduardo Corbelle Rico (USC). Parte II: