Comeza a primeira xornada do Coloquio "A propiedade da terra: desde a historia para o futuro"

Hoxe ás 9.30 horas daba comezo o Coloquio "A propiedade da terra: desde a Historia para o futuro" un encontro que debaterá durante dous días o estado da propiedade da terra en Galicia. A rede de agroecoloxía ReVOLTA organiza estas xornadas na Casa do Saber en Lugo e na Casa de Cultura de San Salvador de Asma en Chantada coincidindo coa celebración dos trinta anos da publicación do Profesor Villares Paz: La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.

O encontro comezou coa benvida do Coordinador da Rede, o Profesor Lourenzo Fernández Prieto (USC) que introduxo e moderou as primeiras das mesas de debate baixo o título: O interese do estudio histórico da propiedade no contexto da revolución burguesa. Nela participaron Ramón Villares Paz (USC), Ramón Garrabou Segura (Universitat Autònoma de Barcelona), Manuel González de Molina Navarro (Universidad Pablo de Olavide de Sevilla), Ricardo Robledo Hernández (Universidad de Salamanca) e Jesús Millán García-Varela (Universitat de València).

Nesta primeira sesión analizouse a labor de historiadores que durante as décadas de 1970 e 1980 dedicaron o seu traballo a estudar os cambios da propiedade no contexto da revolución burguesa. Esta sesión tratou de afondar nas razóns desta xeración de profesionais para estudar a propiedade, dando resposta ao motivo da importancia do estudo da propiedade, para que serviu e que aportou desde a perspectiva actual. Asi mesmo, cada un dos participantes ofreceron as súas propias conclusión sobre os procesos de propietarización, conquista e delimitación da propiedade.

VÍDEO intervención de Ricardo Robledo Hernández:

VÍDEO intervención de Jesús Millán García-Varela:

VÍDEO intervención de Ricardo Garrabou Segura:

VÍDEO intervención Manuel González de Molina Navarro:

VÍDEO intervención de Ramón Villares Paz. Parte I:

VÍDEO intervención Ramón Villares Paz. ParteII:

Novas relacionadas:

 

Xornal USC