Hoxe xoves 11, o Profesor David Soto Fernández celebra o seminario de debate: 'A protesta campesiña como protesta ambiental. Séculos XVIII - XX'

Hoxe xoves día 11 de outubro ás 10.00 horas, na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América, terá lugar unha nova actividade de HISTAGRA.
O Profesor Dr. David Soto Fernández (Universidad Pablo de Olavide de Sevilla), investigador convidado xunto a Paul Brassley durante o último trimestre de 2012 polo grupo HISTAGRA, celebrará un seminario de debate a partir dun texto do que é coautor: La protesta campesina como protesta ambiental. Siglos XVIII - XX. (SOTO FERNÁNDEZ, D., HERRERA GONZÁLEZ DE MOLINA, A., GONZÁLEZ DE MOLINA, M. e ORTEGA SANTOS, A., "La protesta campesina como protesta ambiental. Siglos XVIII - XX", Historia Agraria, 42, agosto 2007, p. 277-301, © SEHA.)
Esta actividade inscribise no marco das actividades do Grupo de Investigación HISTAGRA para o curso 2012-2013.
David Soto
David Soto Fernández é Profesor Contratado Doctor no Departamento de Geografía, Historia y Filosofía da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla. Licenciado en Xeografía e Historia na Sección Historia, especialidade en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (1995). A súa Tese de Licenciatura: Usos do solo, producción, productividade e rendementos na agricultura galega contemporánea, 1850-1936. Unha análise crítica das fontes estatísticas (1999), foi dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto na Universidade de Santiago de Compostela.