Workshop “Naturaleza Gobernada. Recursos, comunidades y reglas en perspectiva histórica” en Pamplona

O 5 de outubro finaliza o plazo de presentación de propostas de comunicacións ao Workshop “Naturaleza Gobernada. Recursos, comunidades y reglas en perspectiva histórica” que se celebrará en Pamplona o venres 16 de novembro de 2012 na Universidad Pública de Navarra.

Máis detalles sobre o encontro en http://www.seha.info/pdfs/SEHA_workshopUPNavarra.pdf

Xustificación da xornada

A propiedade, uso e xestión comunitaria de recursos naturais foi e é, indubidablemente, un dos temas maiores en Historia e Ciencias Sociais. Se durante moito tempo dominou unha interpretación negativa, que asociaba o comunal coa pobreza e o esgotamento de recursos, isto é hoxe insostible. A súa larga perduración, non sen transformacións, ao longo dos séculos e o amplo stock actual non poden explicarse se non é entendéndoas como modos de propiedade, uso e xestión que presentan vantaxes para os grupos humanos. Este encontro trata de descubrir en que contextos e condicións esta forma de acceso e manexo dos recursos resultou (ou non) positiva, tanto dende o punto de vista da sustentabilidade ambiental como da cohesión social e a redistribución de oportunidades.