Atopadas vítimas do franquismo no cemiterio de Serantes
Atopadas vítimas do franquismo no cemiterio de Serantes A excavación para recuperar os corpos dos represaliados revela enterramentos verticais e signos de violencia «extrema». A excavación emprendida no cemiterio de Serantes para tratar de localizar os corpos de represaliados do franquismo guindou os seus primeiros froitos. As catas realizadas nunha estreita fosa do camposanto ferrolán atoparon restos pertencentes a sete individuos, con «signos de violencia evidentes» e «en posición mesmo vertical». Así o desvelaron este mércores os responsables da investigación impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración co grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago, que estiman nuns 200 os asasinados polo franquismo entre 1936 e 1942 que poderían estar, ou estar,...