
Maria Anjhara Gómez Rodríguez
FPU
0009-0001-9615-1190
Anjhara Gómez Rodríguez (Lugo, 1981) é licenciada en Dereito (2008), graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (2022) e Máster en Servizos Culturais (2023) pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha estancia no Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrey, México (2005).
Foi premio extraordinario de grao e máster. Actualmente realiza a súa tese doutoral dentro do Programa de Doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe da Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación, titulada "Imaxinario colectivo e cultura popular na Galicia rural. Séculos XVIII a XX", aborda o estudo do suxeito comunitario de modo que se poida entender os cambios e permanencias no pensamento común como estrutura social durante o período histórico referido, así como o seu proceso de transmisión cultural.
Tamén forma parte do proxecto de investigación COREGAL: "Comunidade, conflito e revolta na Galiza rural do século XX" (01/09/2021-31/08/2024)