
Sara Plaza Moreno
Contratada FPI
Orcid ID: 0000-0002-9129-1709
Sara Plaza Moreno (Bustarviejo, 1972) é diplomada en Maxisterio (UAM, 2006) e Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (USC, 2020). O seu TFM, titulado Da escritura como mirada á mirada que escribe. A natureza como alento e sustento do sentido estético recibiu o XVI Premio á Calidade dos Traballos de Fin de Mestrado 2020 (ex-aequo) na Área de Ciencias Sociais e Xurídicas.
Na actualidade é alumna do programa de doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe da Facultade de Humanidades da USC (campus de Lugo). A súa investigación céntrase nos motíns e as revoltas populares na Galicia do primeiro terzo do século XX, ó abeiro do proxecto de investigación Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX (PID2020-117858RA-I00, Convocatoria 2020 Proyectos de I-D-i – RTI Tipo A). Está contratada pola USC como investigadora en formación grazas a unha axuda para a formación de doutores 2021 do Ministerio de Ciencia e Innovación (PRE2021‐099084, financiada por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e pola FSE+).