Salvatore Pinna

Salvatore Pinna

Enxeñeiro Medioambiental
curriculum

ORCiD: 0000-0001-9158-5240

 

Salvatore Pinna (Nuoro, Italia, 1980) é enxeñeiro medioambiental e do territorio pola Universidade de Cagliari (Italia, 2012). Conseguiu un mestrado en Planificación de Proxectos de Desenvolvemento Rural e Xestión Sostible na UPM en 2014. É doutor europeo en Ciencias Ambientais e Enxeñaría pola Universidade de Cagliari (2017), cunha tese titulada “The Role of Alternative Food Networks in Agricultural Landscape Conservation: Some Evidences from Italy and Spain”, relativa a unha investigación sobre o papel da agricultura ecolóxica e a pequena escala na conservación e protección da biodiversidade e da paisaxe agraria nas rexións de Sardeña e da Comunidade de Madrid, financiada polos fondos P.O. F.S.E. Sardeña 2007–2013. 
En 2017 obtivo unha bolsa de investigación no marco do Proxecto INTERREG Marittimo Italia-Francia Programme “GIREPAM” (Xestión Integrada das Redes Ecolóxicas a través dos Parques e das Áreas Mariñas), traballando no equipo de investigación do DICAAR (Departamento de Enxeñaría Ambiental, Civil e Arquitectura) da Universidade de Cagliari. O proxecto, rematado en decembro 2019, tiña coma obxectivo a integración das medidas de protección dos lugares da rede Natura 2000 cuxos territorios se solapan coas Áreas Mariñas Protexidas de “Tavolara-Punta Coda Cavallo” e “Isola dell’Asinara”, en Sardeña.


Apaixonado de historia medieval e moderna de Sardeña cun enfoque nas relacións entre a illa e a Corona de Aragón e o Reino de España, é autor de numerosos libros e artigos divulgativos sobre a inquisición, a pequena nobreza e os contextos socio-económicos das vilas sardas ata o século XVII, así como de artigos científicos relativos á paisaxe agraria

 

messages.latest-publications