Tamara López Fernández

Tamara López Fernández

Contratada Predoutoral pola Xunta de Galicia
curriculum

ORCID: 0000-0002-0572-7474

 

Tamara López Fernández (Lugo, 1994) é graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (2016, USC) e cun Máster en Servizos Culturais (2017, USC). En 2016 obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira e a cualificación de M.H no seu Traballo de Fin de Grao: "Siria: la explicación histórica de un conflicto permanente," baixo a direción da profesora Pilar López Rodríguez. En 2017 foille concedido o Premio Extraordinario de Fin
de Máster.


Actualmente é investigadora predoutoral no programa de "Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe" na Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese doutoral está dirixida pola profesora Ana Cabana Iglesia. A súa  principal liña de investigación é a delincuencia común no primeiro franquismo no Partido Xudicial de Lugo (1945-1966) mediante a análise de documentación xudicial. A nivel xeral, outros campos de interese son: o franquismo, a historia social e cultural, a violencia económica e a delincuencia común.


Actualmente ten aberta unha liña de traballo que pon o foco na historia de xénero durante o franquismo, máis especificamente nun delito e práctica tan pouco coñecida como foi o aborto.


Ten participado en diferentes congresos, xornadas e seminarios a nivel local, rexional e estatal, cuxas contribucións poden encontrarse en aberto nas súas respectivas páxinas web. Forma parte do Grupo HISTAGRA: Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (USC). Actualmente é Contratada Predoutoral da Xunta de Galicia desde maio de 2019.

messages.latest-publications