Gustavo Hervella García

Gustavo Hervella García

Licenciado en Xeografia e Historia
curriculum

ORCID: 0000-0002-3965-3258

 

Gustavo Hervella García (A Rúa, 1974) é Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1997. Acadou a grao de licenciado co traballo A esquerda política e o nacionalismo español: PCE e MCE (1960-1982). Ten realizado pescudas ao redor da historia contemporánea de Galicia, entre as que se poden salientar, "Achegamento á mobilización anticlerical na Galicia da II república a través dos xornais (abril-xuño 1931)", en Anuario Brigantino nº 22, 1999, Lalín-Bos Aires, unha historia compartida, 2001, "El nacionalismo español en el PCE durante la dictadura franquista. Una aproximación a través de las páginas de Mundo Obrero", en VI Encuentro de investigadores sobre el franquismo, 2006; "As eleccións da II república nun concello rural. Unha aproximación a través do Arquivo Municipal do concello do Bolo (Ourense)", IEV, nº 11, 2007; “Da visualización social da muller á inmersión no terror: 1936. Golpe de estado, vítimas e memoria” en Vermellas. Chamábanlles rojas, Santiago de Compostela, 2009 e Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939), Santiago de Compostela, 2010; A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria, 2011; 100. Galicia cen obxectos para contar unha cultura, 2016; 80 anos. Santiago 1936. Memoria da Exposición, 2017 ou Historia de la Guerra Civil contada por dos hermanas. Memorias de golpe, revolución y guerra, 2018.