MESA REDONDA EQUIPO PLAN MEMORIA DEMOCRÁTICA DE GALICIA

MESA REDONDA EQUIPO PLAN MEMORIA DEMOCRÁTICA DE GALICIA

 

En agosto de 2021 asinouse entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, o convenio de colaboración para poñer en marcha o Plan Cuatrienal de Memoria Democrática, seguindo o impulso da Secretaría de Estado de Memoria Democrática. A través desta iniciativa procedeuse á exhumación de diferentes fosas da violencia franquista en Galicia.


Para levar a cabo este traballo, o equipo formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas traballa na investigación sobre o pasado de violencia en Galicia, coa experiencia que nos abala o proxecto nomesevoces.net.

 

Nesta mesa redonda, organizada polo Grupo HISTAGRA dentro do ciclo de Pasados Incómodos, o equipo do Plan, encabezado por Lourenzo Fernández Prieto, presentará os traballos, avances e problemáticas que desde 2021 se deron á hora de execución do Plan.

 

Datos:

 

Data: 13/12/2023
Título: Reflexións ao redor dos traballos desenvoltos en Galicia en aplicación do Plan de Memoria Democrática 2021-2024
Relatora: Equipo Plan Memoria Democrática de Galicia: Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho, Conchi López Sánchez, José Carlos Sánchez Pardo, Fernando Serrulla rech e Ana Mosquera Miguel
Hora: 18:00 h
Lugar: Aula 8. Fac. de Xeografía e Historia. USC

 

 

Pódese seguir por teams:

https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b

 


Máis Información:
https://histagra.usc.es/es

 

Colabora
Red VOICES. Violencia, identidad y Conflicto en la España del Siglo XX

Documentos