Volven os ciclos de Pasados Incómodos a HISTAGRA: O Val dos Caídos

Volven os ciclos de Pasados Incómodos a HISTAGRA: Queral Solé e o Val dos Caídos
O mércores 8 de novembro, as 19 h, terá lugar na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia a conferencia da doutora en Historia contemporánea e profesora na Universitat de Barcelona, Queral Solé, Reflexións históricas ao redor do val de Cuelgamuros.
A profesora Solé é unha das máximas autoridades na investigación sobre o significado do mausoleo do Val dos Caídos, dirixindo unha investigación para a identificación dos corpos enterrados neste espazo: O réxime franquista quixo encher de ósos o Val dos Caídos unha vez o tivo construído. Con ese fin, pediuse aos gobernadores civís que, coa colaboración dos concellos, localizasen onde estaban enterrados os soldados nos pobos para logo trasladalos ao mausoleo. Aínda que, nun principio, o Val dos Caídos debía ser só para os mortos do bando franquista, finalmente tamén levaron alí restos de defuntos das forzas republicanas. Neste último caso, as familias non souberon que se trasladaban os corpos, e se o chegaron a saber, non tiveron a opción de opoñerse.
Antes de retirar os corpos, Queralt Solé e o investigador da UB David Tormo fixeron un informe para cada unha das persoas que se exhumarán, ata un total de 65. En cada caso, reconstrúese a traxectoria que seguiu o corpo ata que se depositou no Val dos Caídos. Para a investigación utilizáronse basicamente arquivos provinciais e municipais, así como da comunidade benedictina situada no mesmo Vale dos Caídos. A finalidade destes informes é entregalos ás familias.
Colabora:
Red Voices. Violencia, Identidad y Conflicto en la España del siglo XX.
Datos:
Data: 08/11/2023
Título: Reflexións históricas ao redor do val de Cuelgamuros
Relatora: Queral Solé (UB)
Hora: 19:00 h
Lugar: Aula 13. Fac. de Xeografía e Historia. USC
Conferencia ofrecida por teams:
https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b