HISTAGRA na Xornada CISPAC. Enerxías alternativas e socioecosistemas. Paisaxes presentes e futuras

HISTAGRA na Xornada CISPAC. Enerxías alternativas e socioecosistemas. Paisaxes presentes e futuras

 

O venres día 17 de novembro o CISPAC organiza a actividade de investigación Enerxías alternativas e socioecosistemas. Paisaxes presentes e futuras, como parte das accións divulgativas e fomento da investigación que o centro desenvolve en 2023. Esta actividade conta co apoio do Grupo HISTAGRA.


 

A misión do CISPAC é a investigación sobre as paisaxes desde unha perspectiva transdisciplinar, na procura de dar respostas epistémicas aos retos contemporáneos, para producir dende o coñecemento outra forma de ollar e traballar a paisaxe, o patrimonio e a produción, dende a identidade, a participación e a sustentabilidade.


 

Sobre a Xornada:


 

As paisaxes con persoas e que producen produtos e servizos, o patrimonio que as conforman e as estruturas que as gobernan definen unha globalidade complexa que require análises transdisciplinares e olladas onde as persoas e as súas comunidades xoguen un papel central. En que situación se encontra a sociedade humana na actualidade no referido á relación entre os ecosistemas e os sistemas socioeconómicos? Que enerxías, que materiais, a que escala, cal impacto? Cales son os mecanismos e procesos dispoñíbeis para afrontar os diferentes escenarios?


 

Datos


 

Título: Enerxías alternativas e socioecosistemas. Paisaxes presentes e futuras

Organiza: CISPAC

Data: 17 de novembro de 2023

Horario: 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:30

Lugar: CISPAC. Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia. Andar 0

 

 

Formulario de preinscrición:
https://forms.gle/LD4XtQZqZXjbxZCj6

 


 


 

Documentos