Comezan os traballos de exhumación na fosa da violencia franquista en O Castro-Viana

Comezan os traballos de exhumación na fosa da violencia franquista en O Castro-Viana
O plan de memoria democrática 2023 comeza este luns, 23 de outubro cos traballos que o equipo desenvolverá na fosa comun do Castro-Pixeiros, Viana do Bolo.
https://www.nomesevoces.net/lugares/cartografia/fosas/89/fosa-de-santa-maria-de-pradocabalos
A fosa que se vai traballar está situada no lugar de Castro, na parroquia de Pixeiros, en Viana do Bolo. A persoa á que buscamos é Anunciación Casado Atanes, Filla de Flora e Gabriel (veciños de San Mamede), era natural de Atanes (Cualedro), vivía en San Mamede (Viana do Bolo) e tiña 38 anos cando a asasinan, o 21 de agosto de 1936, na curva das Revendeitas, na estrada que vai da Gudiña a Viana, concretamente na leira de Gracinda (nas Correínzas). Foi inscrita no rexistro de defuncións do xulgado de Viana do Bolo, o 30 de agosto dese mesmo ano, en virtude dun oficio do xuíz de instrución do Partido. A pesar de que a súa morte foi rexistrada a consecuencia de “fractura y destrución de la masa cerebral”, en realidade, a propia natureza do crime e das
feridas que sufriu constitúen un “paseo”.
O cemiterio de O Castro, é un lugar memorializado recentemente grazas ás actuacións da Asociación “Os Torgueiros” e á interese e colaboración de veciños do Castro. O 20 de agosto de 2022, polo 86º aniversario da morte de Anuncia Casado, celebraron unha homenaxe na súa memoria e outras vítimas do Golpe de 1936 na Terra das Frieiras. Entre diversos actos que se levaron a cabo, colocouse no cemiterio unha placa na memoria de Anuncia.
Por parte da USC, a través do Grupo Histagra, o Catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e o Doutor en Historia e profesor Antonio Miguez Macho, coordinan un equipo de investigación formado por arqueólogos dirixidos polo profesor da USC Jose Carlos Sánchez Pardo, o antropólogo forense do IMELGA Fernando Serrulla Rech e o equipo de xenética do Instituto de Ciencias Forenses 'Luis Concheiro' dirixido por Ángel Carracedo
Amais da exhumación da fosa do Castro-Viana, as tarefas a realizar en 2023 serán as seguintes:
Localización, exhumación, identificación de vítimas das fosas de do cemiterio de San Salvador de Trasanquelos (Oza-Cesuras) e de Santa María do Val (Narón)
De novo, a axuda e a presenza da sociedade civil de Galicia, a través das asociacións de memoria democrática, investigadores locais e familiares de asasindos/as, convértese nun piar fundamental da investigación, de igual xeito que foi para a boa marcha de nomesevoces.net.
O contacto cos axentes sociais, é imprescindible, e facemos un chamamento a todos/as aueles/as que desexen exhumar ou investigar fosas relacionadas coa violencia franquista, así como aportar datos relativas ás mesmas.
Contacto:
histagra@usc.es
881812734 / 881971010 Ext. 101