Investigación e innovación no sector agroforestal no Congreso Estatal sobre "Innovación no Medio Rural"

Os vindeiros días 11 e 12 de setembro a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia organizarán o Congreso Estatal sobre "Innovación no Medio Rural" que se celebrará  en Bergondo (Pazo de Mariñán) en colaboración coa Rede Estatal de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, así como da Deputación da Coruña.

As conclusiós deste Congreso formarán parte dos debates previos ao Congreso de Desenvolvemento Rural e LEADER “Horizonte 2014 – 2020”, que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro de 2012, organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia. O novo período de programación da Política Agraria Común (2014 – 2020) vese desde o medio rural como unha oportunidade para consolidar avances, adaptando o sector agroalimentario a novas estratexias de innovación na Europa comunitaria, alineando as necesidades dos agricultores, as empresas agroalimentarias e o resto do sector cos centros de investigación e innovación. Por outra parte, a agricultura ecolóxica e a mobilidade de terras agrarias supoñen un importante factor de desenvolvemento, así a nova Política Agraria Común (2014 – 2020) e as medidas de apoio a unha agricultura multifuncional, sostible e competitiva, van supoñer unha oportunidade para contribuir á vitalidade do mundo rural, e responder ás preocupacións e esixencias de calidade e seguridade dos alimentos e de protección do medio ambiente.

O Congreso será un lugar de encontro entre os axentes da investigación e innovación (centros de investigación e tecnolóxicos, universidades, OTRIs, clústers, etc.) e o sector agroforestal, co fin de dar a coñecer as liñas de traballo postas en marcha nos distintos centros, identificando as oportunidades que se abren no novo período de programación da Política Agraria Común (2014-2020), así como anando a cooperación entre os axentes do sector.

A mesa redonda dedicada á agricultura ecolóxica titulada Agricultura Ecolóxica: unha oportunidade para o medio rural moderada por D. Ernesto Sánchez Delgado, Director Técnico del Consejo Regulador de Agricultura Ecológica de Galicia (CRAEGA), na que participan D. Xavier Simón Fernández, Director del Grupo de Investigación en Economía Ecológica y Agroecología de la Universidad de Vigo, D. Lourenzo Fernández Prieto, Coordinador del Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política del Mundo Rural da Universidad de Santiago de Compostela, D. David Corral Pombo, Presidente Clúster de la Alimentación Ecológica de Galicia, Xan Neira Seijo, Profesor Titular de la Univesidad de Santiago de Compostela e membro da Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE) e da Sociedade Galega de Agroecoloxía (SOGA).