Histagra organiza o Congreso GALEUSCA 2023

O Grupo HISTAGRA organiza o 5-6 de outubro o Congreso GALEUSCA 2023

 

Cen anos despois do primeiro pacto de Galeusca, asinado en 1923, o VII Congreso Galeusca-Historia chama a unha lectura histórica do presente, a mirar cara ao pasado dende as preguntas da historiografía actual. Cunha cronoloxía definida, o século transcorrido desde a creación do pacto de Galeusca até hoxe, o encontro convida a participar nunha mirada plural, pensada en Europa e no mundo, centrada na historia deste tempo e na historiografía de todos os tempos, mais aberta ás achegas do resto de ciencias sociais e humanas.

 

O congreso desenvolverase do 5 ao 6 de outubro de 2023 na Facultade de Xeografía e Historia da USC e artéllase arredor de dúas liñas de traballo articuladas en tres patamares históricos, co obxectivo de reflexionar sobre o pasado e a historiografía dos territorios e as sociedades de Galeusca: unha centrada nas propostas políticas galeuscanas -por xunto e por separado- ao longo deste século e outra na historia e a memoria do pasado incómodo.

 

HISTAGRA, amais da organización presenta diferentes traballos en forma de relatorios e comunicacións:

 

A conferencia inaugural será ofrecida por Ramón Villares Paz: Galeusca e a composición Política de España

 

As comunicacións son:

 

Miguel Cabo Villaverde: Os partidos agrarios e as cuestións na Europa de Entreguerras e Coherencia dun incoherente: Basilio Álvarez ea cuestión nacional

 

Andrea REivas Fiel: Recunchos da Periferia. As imaxes de Galiza e Euskadi para a literatura de viaxes anglosaxona (1900-1930)

 

Roque Sanfiz Arias: Un século despois de Nós. Cultura e historiografía na Revista Mazarelos

 

Jessica Nogueira Castro: Pedras contra balas. Actuacións policiais na represión de manifestacións (1956-1979)

 

David Fontán bestilleiro: Moito máis que 1977. A dimensión histórica do conflito de Encrobas desde a memoria e experiencia colectivas

 

Máis información:

 

https://galeuscahistoria.wordpress.com/#programa

 

 

Documentos