HISTAGRA participa na organización do Congreso sobre a ditadura de Primo de Rivera

HISTAGRA participa na organización do Congreso "Revisitando a Ditadura de Primo de Rivera"

 

Os días 14 e 15 de setembro de 2023, celébrase no Consello da Cultura Galega o congreso, Revisitando a Ditadura de Primo de Rivera. O centenario do Golpe de Estado de 1923". Histagra é un dos grupos organizadores do evento, no que participan a investigadora Margarita Barral na dirección e Ramón Villares ofrecendo a conferencia inaugural "A dictadura de Primo de Rivera en perspectiva galega".

 

O programa de relatorios complétase coas intervencións de Xosé Manoel Núñez Seixas (USC), Alejandro Quiroga (UCM) e Eduardo González Calleja (UC3M)

 

O congreso tamén presenta comunicacións que son distribuídas en 3 sesións específicas

 

 

 

 

Documentos