Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Hª Contemporánea USC. Elixido Presidente da SEHA

Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Hª Contemporánea USC. Elixido Presidente da SEHA
O profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Lourenzo Fernandez Prieto, Director do CISPAC e IP do Grupo HISTAGRA ven de ser elixido presidente da Sociedade de Estudos de Historia Agraria, SEHA. Editora da revista Historia Agraria
A SEHA é unha asociación científica euroamericana que ten como fins fomentar a investigación, o intercambio académico, la ensinanza e a a divulgación do coñecemento científico referentes á historia agraria, á economía e a sociedade rurais desde unha perspectiva interdisciplinaria; propiciar a conservación e facilitar a consulta dos arquivos e material relativos ás actividades agrarias e ás sociedades rurais ao longo da Historia e impulsar a internacionalización da historia agraria facilitando a coordinación con investigadores e grupos de investigación de diferentes países. No ámbito Europeo esta conexión realizarase a través da European Rural History Organization (EURHO) e no ámbito latinoamericano e luso-brasileiro cunha directiva internacionalizada de co-xestión da SEHA entre investigadores dos diferentes países.
A SEHA conta con máis de 200 socios de España, Portugal, Brasil, Arxentina, Colombia, Costa Rica, México e outros países, na súa Xunta directiva conta con representantes de seis nacionalidades e publica en acceso aberto a revista Historia Agraria. Revista de agricultura e historia rural. Historia Agraria é unha das máis máis reputadas revistas do mundo en Historia Agraria e Rural: en 2021: Q 1, en AHCI (Arts & Humanities Citation Index), Journal Citation Indicator (JCI) de 1,33 (percentil, 82,18%) posto 88/491; O Journal Impact Factor (JIF) de 0.773 a sitúa en Q2 de SSCI 34/102 (e percentil 67,16%). Situada adoito entre as 20 primeiras do mundo de Historia publícase en castelán, inglés e portugués.
Lourenzo Fernández Prieto, substitúe ao profesor Manuel Gonzalez de Molina, catedrático de Historia Contemporánea da Universidad Pablo de Olavide (Sevilla).
Máis información