HISTAGRA participa no proxecto de innovación educativa "Arredor do Rural"

HISTAGRA participa no proxecto de innovación educativa "Arredor do Rural" 

 

O Grupo de investigación participou no documental  "Arredor do Rural", como parte dunha actividade que fixeron os alumnos da materia Historia Ambiental, no master DAEN de Formación do Profesorado baixo a dirección da investigadora de HISTAGRA Ana Cabana Iglesia. O traballo consistiu na realización do documental, Oficios para sempre. Traendo ao presente

 

Sobre o documental Oficios para sempre. Traendo ao presente

 

O documental “Oficios para sempre. Traendo ao presente” é unha pequena mostra dalgúns oficios tradicionais que están en serio perigo de desaparición en Galicia e de como eses saberes formaban parte da cultura dun pobo e se facían imprescindibles para a vida das persoas. Este traballo nace da colaboración entre a asociación As Espigadoras e alumnado da USC do Master en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. Trátase dun dos proxectos desenvoltos ao abeiro da “Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural”, que engloba a profesionais da educación/investigación e entidades que están a traballar no medio rural con perspectiva de sostenibilidade, co obxectivo de que o estudantado colabore cos colectivos ao tempo que aborde contidos educativos.

 

Para saber máis:

 

https://www.arredordorural.org/accions/oficios-para-sempre-historia-ambiental

 

https://www.arredordorural.org/accions