Orixes do exterminio franquista: O proceso de toma de decisións rebelde no verán do 36

Conferencia de HISTAGRA: Orígenes del exterminio franquista: El proceso de toma de decisiones rebelde en el verano del 36
O próximo martes día 6 de xuño, o profesor Ángel Alcalde ofrecerá unha conferencia titulada: Orígenes del exterminio franquista: El proceso de toma de decisiones rebelde en el verano del 36. Nela, presentaranos os avances da súa máis recente investigación sobre a violencia franquista durante a guerra civil.
O seu relatorio versará sobre a hipótese de que a violencia e as experiencias de combate da guerra foron o crisol ideolóxico fundamental do réxime franquista. Os sublevados eran un grupo de forzas reaccionarias e antiliberais con escasa coherencia ideolóxica ou política, pero emerxeron do conflito non só vitoriosos senón ideológicamente unidos baixo o poder do ditador. Para entender esta transición resultan clave as diferentes culturas políticas do exército rebelde, como as experiencias de guerra dos combatentes contribuíron á transformación dos diversos grupos rebeldes e o papel da intervención armada estranxeira.
Ángel Alcalde é profesor de historia na Universidade de Melbourne, Australia. Doutor en Historia e Civilización polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, foi bolseiro postdoutoral da Fundación Alexander von Humboldt na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic. Tamén foi investigador postdoutoral no Instituto Leibniz de Historia de Europa en Maguncia, así como no Centro para a Historia do Desenvolvemento Global na Universidade de Xangai. A súa investigación centrouse na historia social e cultural da Guerra moderna, a historia transnacional, e a historia do fascismo
Datos:
Data: 06/06/2023
Título:Orígenes del exterminio franquista: El proceso de toma de decisiones rebelde en el verano del 36
Relator: Ángel Alcalde
Hora: 12:00 h
Lugar: Aula 13. Fac. de Xeografía e Historia. USC
Pódese seguir por teams: