O IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto ingresa na RAG como membro

O IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto ingresa o 3 de xuño na RAG como membro de número

 

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o sábado 3 de xuño na Real Academia Galega como membro de número. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde medrou, a partir das 12:00 horas. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dará lectura ao discurso titulado A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977, ao que lle dará resposta en nome da institución o coordinador da Sección de Historia, Ramón Villares. Lourenzo Fernández Prieto ocupará a vacante producida no ano 2020 polo pasamento da poeta Luz Pozo Garza.

 

 

Datos:

 

Día: 3 de xuño de 2023

Hora: 12 h.

Lugar: Teatro Jofre de Ferrol

 

Máis información:

 

https://academia.gal/-/o-historiador-lourenzo-fern-c3-a1ndez-prieto-ingresa-o-3-de-xu-c3-b1o-na-rag-como-membro-de-n-c3-bamero?redirect=%2Finicio