Presentacion resultados Fosa de Vilacoba-Lousame

Presentación dos resultados da fosa de Vilacoba-Lousame dentro do Plan de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024
Mañá xoves ás 12:30 terá lugar a presentación de resultados aos familiares e autoridades relativos aos traballos realizados na fosa común do cemiterio de de Vilacoba-Lousame en 2022.
Nesta ocasión, buscábase a Manuel García Hermo, asasinado o 30 de agosto de 1936.
As investigacións previas, levadas a cabo polo grupo de investigación Histagra, sobre as vítimas e o espazo indicaron, nun primeiro momento, a posibilidade de atopar cinco persoas enterradas: Manuel García Hermo, Perfecto Félix Vilas Romero, seu irmán, Antonio, María Josefa Becerra Laíño e Avelino Méndez Suárez. Todas elas foron asasinadas a consecuencia de "paseos" en diferentes momentos da retagarda: a finais de agosto de 1936, a finais de febreiro de 1938 e cara o final da guerra.
O acto terá lugar no concello de Ribeira ás 12:30 da mañá e nel participarán os investigadores do equipo, Antonio Miguez Macho (Doutor en historia Contemporánea e Profesor na USC), Conchi López (Doutora en Historia Contemporánea e documentalista do equipo), Víctor Vicente (arqueólogo de Tempos Arqueólogos e responsable dos traballos de campo), Fernando serrulla (Médico Forense do IMELGA e responsable dos estudos antropoloxico-forenses) e Ana Miranda (investigadora do Instituto de Medicina Legal Luis Concheiro da USC).
Acompañarannos familiares de Manuel, membros da Comisión de Memoria do Barbanza e o alcade de Ribeira Manuel Santos Ruiz e a alcaldesa de Lousame Teresa Villaverde.
Máis información en:
https://www.nomesevoces.net/lugares/fosas/27/fosa-do-cemiterio-de-santa-eulalia-de-vilacoba
histagra@usc.es