Presentación dos resultados exhumación fosa de Celanova

Presentación dos resultados dos traballos da exhumación da Fosa de Celanova

 

O equipo de historiadores, arqueólogos, forenses e xenetistas que se encargou da intervención na fosa do cemiterio de Celanova, dentro do Plan de Memoria Democrática 2022 presentará o martes día 25 de abril en Ourense os resultados das súas investigacións durante unha rolda de prensa que se celebrará no Liceo de Ourense ás 10:30 horas da mañá.

 

Na rolda de prensa tomarán parte:
 

Conchi 

López, historiadora do Grupo Histagra da USC e responsábel da documentación da fosa.

Fernando Serrulla, antropólogo forense do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia) con sede en Verín.

Mario César Vila, arqueólogo, responsábel de Tempos Arqueólogos, empresa que executou a escavación.

Ana Mosquera, investigadora do Laboratorio de Xenética do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da USC.


 

ROLDA DE PRENSA: Resultado da exhumación da fosa de Celanova

Día: MARTES 25 DE ABRIL

Lugar: LICEO DE OURENSE
Hora: 10:30
 

Máis información:

 

memoria.celanova@gmail.com

histagra@usc.es