Remate dos traballos do Plan de Memoria Democrática 2022

O Grupo de traballo do Plan de Memoria Democrática remata coa investigación de 2022

 

O grupo de traballo formado por historiador@s, arqueólog@s, forenses e xenetistas ven de rematar e pechar o expedientes relativos aos traballos emprendidos en Celanova, A Capela e Vilacoba (Lousame) en 2022.

 

 

O pasado 28 de setembro de 2022 asinárase o Plan de Memoria Democrática de Galicia para ese ano, entre a Vicepresidencia segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago para a realización das actuacións dentro do Plan Cuadrienal 2021/2024 de Memoria Democrática de Galicia.

 

O plan integra tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2021-2024), aínda que os seus obxectivos sexan revisables de forma anual. Estas liñas estratéxicas son:

  • Localización, exhumación e identificación de vítimas.
  • Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos.
  • Recoñecemento e sinalización dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria.

 

As tarefas para 2022 foron:

 

As tarefas para 2022 foron a exhumación da fosa de Vilacova (Lousame, A Coruña) na busca do asasinado Manuel Hermo, a exhumación da fosa de A Capela (A Coruña) na busca dos asasinados Joaquín Antón Rodeiro, Manuel Franco Bermúdez e Francisco Guerreiro Guerreiro e a exhumación da fosa de Celanova na busca dos asasinados Baldomero Vigil Escalera Vallejo, Marcelino Fernández García, Guillermo de Diego Álvarez, Alfonso Moreno Gayol, Abelardo Suárez del Busto, Belarmino Álvarez García, e Mariano Blanco González

 

Os resultados, que xa se poden consultar na páxina web foron:

 

Fosa do cemiterio de San Breixo (Celanova, Ourense):

 

A investigación histórica partiu da demanda de dúas familias que buscaban a Marcelino Fernández e Abelardo Suárez, ambos veciños de Gijón que fuxiron ante a inminente toma por parte dos sublevados cara finais de outubro de 1937. Foron xulgados en diferentes xuízos en Camposancos e, posteriormente, foron trasladados, xunto con outros cinco individuos (tamén veciños de Gijón e cun periplo vital moi semellante) á prisión de Celanova. Os sete foron condenados a pena de morte e, tras pasar máis de seis meses recluídos na vila ourensá, as autoridades militares ordenaron a execución. Posteriormente, a Bandeira de Fet de las Jons de Marruecos levouna a cabo o 22 de semtebro de 1939, pois foron asasinados contra as tapias do cemiterio e enterrados nunha fosa común.

 

O traballo arqueolóxico: Comezáronse a escavar tres destes enterramentos, dous deles foron descartados e tapados de inmediato; mentres que o restante, como encaixaba dentro das características do grupo que buscabamos, foi exhumado. Posteriormente, escavouse a gabia e a escasa potencia identificáronse dous ataúdes, un fronte ao outro. Os individuos estaban depositados un sobre o outro, en posicións anómalas e encaixaban no rango de idade e nas circunstancias de morte. Foron exhumados e unha vez retirados todos os indiviuos identificados n gabia, e se escavou o depósito que cubría, escaváronse os depósitos que había por debaixo. Máis tarde, ampliouse a área escavada en planta e localizáronse dous individuos máis. O desenvolvemento dos traballos demandou ampliar a escavación na gabia cara o camiño do cemiterio, na que apareceron os individuos restantes. 

 


A análise forense:  Trátase dos restos de Marcelino Fernández García e Abelardo Suárez do Busto. A identificación destas dúas persoas confirma, por tanto, a realidade dos datos históricos obtidos. Os restos de Marcelino Fernández García correspóndense co Individuo 3 exhumado e os restos de Abelardo Suárez do Busto correspóndense co individuo 9. Os restos de Marcelino Fernández García presentan sinais de violencia no cranio e pescozo con, al menos, dous disparos de arma de fogo. A morte de Marcelino Fernández García é unha morte violenta de tipo homicida. Os restos de Abelardo Suárez do Busto presentan sinais de violencia no cranio e no resto do corpo cun patrón de morte xudicial, é dicir con lesións por fusilamento e tiro de graza na cabeza. A morte de Abelardo Suarez do Busto é unha morte violenta de tipo homicida.

 


A análise xenética: Recolléronse mostras de ADN de familiares das vítimas da fosa que están a ser analizados polo Laboratorio de Xenética Forense da USC. Posteriormente, compararánse co ADN das mostras dos restos atopados para poder comprobar a identidade de cada un deles. Esta fase de traballo é das que máis tempo necesita, pois segundo a calidade e o estado de conservación dos restos, as análises xenéticas vólvense máis complexas. Na actualidade, foron rematadas ditas análises en relación a dous restos óseos, obtendo una compatibilidade de que pertenzan ós desaparecidos Marcelino Fernández García  e Abelardo Suárez do Busto.

 

Máis información en: http://fosas.nomesevoces.net/lugares/fosas/30/fosa-no-cemiterio-de-celanova

 

Fosa do Cemiterio de Vilacoba-Lousame (A Coruña):

 


A investigación histórica: As investigacións previas levadas a cabo sobre as vítimas e o espazo indicaron, nun primeiro momento, a posibilidade de atopar cinco persoas enterradas: Manuel García Hermo, Perfecto Félix Vilas Romero, seu irmán, Antonio, María Josefa Becerra Laíño e Avelino Méndez Suárez. Todas elas foron asasinadas a consecuencia de "paseos" en diferentes momentos da retagarda: a finais de agosto de 1936, a finais de febreiro de 1938 e cara o final da guerra.

 


A investigación arqueolóxica: A intervención arqueoloxica executouse en 4 sectores diferentes. Os resultados negativos na primeira área demandou abrir novos espazos, incluso con ampliacións, nos que se recuperaron e exhumaron os restos dun individuo adulto, de sexo masculino e de mediana idade. A nivel arqueolóxico non se pode concluír que ditos restos, sexan dunha vítima da guerra civil, pero tampouco se pode descartar ata unha análise minuciosa por parte do equipo de antropoloxía forense e xenética.

 


A análise forense: O estudo realizado permite confirmar que no cemiterio parroquial de Vilacoba (Lousame) -na UE206- localizamos un enterramento clandestino dun varón adulto xoven (20-40 anos) que presenta sinais de violencia na cabeza (restos de proxectil de arma de fogo impactados nos fragmentos cerebrais conservados). 

 


A análise xenética: Os restos óseos foron submetidos á análises de ADN (e diagnose) no Laboratorio Laboratorio de Xenética Forense da USC. O estudio xenético permitiu excluir que os restos pertenzan a Manuel García Hermo, dada a incompatibilidade nun total de 5 e 7 marcadores xenéticos, analizados en dous restos óseos diferentes.

 

Máis información en: http://fosas.nomesevoces.net/lugares/fosas/27/fosa-do-cemiterio-de-santa-eulalia-de-vilacoba

 

 

Fosa do Cemiterio de A Capela (A Coruña):

 


A investigación histórica tratou de coñecer o espazo de enterramento, as traxectorias vitais das vítimas (como parte da lóxica violenta do Golpe de 1936 e da guerra) e as circunstancias das súas mortes. Chegamos a coñecer as historias de Joaquín Antón Rodeiro, Francisco Guerreiro Guerreiro,  Manuel Franco Bermúdez, Ramón Agras Fernández, Manuel Prado Allegue e dos irmáns Sardiña Navarro (Celestino e Ramón). Todos eles foron asasinados cun día de difetencia no mes de agosto de 1936 e enterrados no cemiterio da Capela.  

 


A investigación arqueolóxica: Os datos achegados pola prospección xeo-radar amosan a complexidade da disposición do subsolo das áreas exploradas do cemiterio (antiga parte civil e eclesiástica). Isto dificulta a identificación de elementos compatibles cos enterramentos que buscamos. Detectáronse niveles de achegas de terras, reformas e renivelacións do terreo que fixeron desaparecer o trazado do andador de acceso ao cemiterio histórico, Ademais, constatáronse sinais compatibles con enterramentos e vasos funararios que puideron alterar o nivel de circulación dos anos.

 

Máis información: http://fosas.nomesevoces.net/lugares/fosas/28/fosa-do-cemiterio-da-capela