Novo relatorio do ciclo pasados incómodos de HISTAGRA

HISTAGRA presenta unha nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos 2022-23
O próximo xoves ás 12 da maña o historiador Fernando Jiménez Herrera presentará o traballo Los múltiples rostros de la revolución. Los comités madrileños en el otoño-invierno de 1936.
Este relatorio versará sobre a violencia exercida no Madrid dos primeiros meses da guerra civil, cando teñen lugar os asasinatos dos comités revolucionarios xurdidos nos primeiros meses do golpe de estado.
Sobre o autor:
Fernando Jiménez Herrera (Toledo, 1989) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid (UCM, 2017). É licenciado en Historia (UCM, 2012) e posúe o Máster Interuniversitario de Historia Contemporánea (UCM, 2013) e o Máster de Formación do Profesorado en ESO e Bacharelato (Universidade Europea de Madrid, 2015). É membro de diversos proxectos de investigación financiados polo Goberno de España dentro desta universidade. Exerceu como investigador Posdoutoral na UCM. As súas liñas de investigación céntranse no estudo da violencia, os procesos revolucionarios, a mobilización obreira, a educación a historia local, a historia social, a historia comparada e a microhistoria. Actualmente, exerce como Persoal de Apoio á Investigación na UCM.
Datos do relatorio
Data: 30/03/2023
Título: Los múltiples rostros de la revolución. Los comités madrileños en el otoño-invierno de 1936
Relator: Fernando Jiménez Herrera
Hora: 12 h
Lugar: Aula 8. Facultade de xeografía e historia
Ligazón a teams:
https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b