Estudantes de doutorado de estadía en HISTAGRA

HISTAGRA acolle a dúas novas estudantes de doutoramento de estadía en 2023
As investigadores en formación Chiara Vacirca da Università del Salento e Elisa Bosisio da Università degli Studi Roma Tre realizarán unha estadía ao longo de 2023 no Grupo HISTAGRA, supervisadas pola investigadora Stefania Barca.
O traballo a desenvolver realizarase no CISPAC, concretamente na liña de Paisaxes que producen.
Chiara Vacirca estuda a ecoloxía política relacionada con cuestións agrarias, económicas e de transición rural. o seu ámbito de estudo está relacionado co que se ven desenvolvenedo no Programa do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e en Eo Alimenta, ambos dirixidos por HISTAGRA
Elisa Bosisio profundizará no estudo de estratexias económico políticas explicitamente feministas capaces de xuntar a restitución monetaria e o recoñecemento simbólico-político do traballo invisible das subxectividades humanas racializadas e feminizadas que realizan traballos de coidado da alteridade e as contornas, coa restitución e o recoñecemento das alteridades non humanas que á súa vez 'traballan' pola rexeneración continua das condicións de vida mundanas.