HISTAGRA no VII Galeusca-Historia (5 e 6 outubro 2023)

HISTAGRA co organiza o VII Galeusca-Historia (5 e 6 outubro 2023)
O VII Congreso Galeusca-Historia, celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 en Santiago de Compostela conmemorando o centenario do primeiro pacto de Galeusca.
As persoas interesadas en participar no congreso deberán facernos chegar a través do formulario unha proposta relacionada coas liñas temáticas indicadas na circular. A proposta deberá incluír o título da comunicación, os datos persoais das persoas que a elaboran, a súa filiación académica, a sesión na que se rexistra e un resumo de até 250 palabras. O último día para a presentación de propostas é o 28 de febreiro de 2023.
Aproveitamos para compartir convosco a web do congreso (https://galeuscahistoria.wordpress.com/), onde podedes encontrar toda a información necesaria sobre a presente edición, incluído o programa provisional. Tamén reservamos un espazo para as edicións anteriores, así que se estivestes presentes e queredes aportar máis información podedes facérnola chegar a través deste enderezo electrónico.