Aberta a matrícula do Máster oficial interuniversitario en Historia Contemporánea 2012/2103 da USC

Os obxectivos Máster oficial interuniversitario en Historia Contemporánea da USC, coordinado polo Profesor Eduardo Rico Boquete, son crear unha escola de historiadores contemporaneistas, na que se adquiran os coñecementos e as técnicas necesarias para poder acometer traballos de investigación en historia, ben sexa como historiador profesional, ben sexa noutros campos profesionais como o periodismo, a museística, a animación cultural, a docencia, a edición, a análise social e política... Froito da unión de oito universidades de primeira fila, o noso máster caracterízase por ser:
Interuniversitario, con grupos de traballo virtuais. O campus virtual forma parte do módulo I e ofrece a posibilidade de traballar en grupos con alumnos procedentes das oito universidades participantes. Esta ferramenta tamén mellora o contacto co profesorado, facilita a distribución de materiais e a entrega de traballos e é unha ventá para achegarse á historia na rede.
Cun curso de verán en Santander. Os alumnos matriculados no Máster poden optar a unha bolsa de mobilidade para a súa asistencia ao curso de verán en Santander, que habitualmente ten lugar no mes de xullo. No ámbito único que constitúe o Pazo da Madalena complétanse ensinanzas do módulo I cunha escola de verán á que asisten todos os alumnos das diferentes sedes.
Trátase dunha oportunidade excelente para poñer en común os coñecementos adquiridos ao longo do curso e para entrar en contacto con toda unha xeración de historiadores contemporaneístas. O traballo desenvólvese, a partir dun informe de lecturas previas, nunha serie de conferencias e debates.
Un máster oficial, con mención de calidade e financiamento externo.
Seis das universidades participantes foron seleccionadas como Campus de Excelencia Internacional polo Ministerio de Educación.
Flexible e compatible coa vida laboral.
Con sistemas de garantía de calidade. Institucionalmente cada universidade participante no programa posúe os seus propios órganos responsables do seguimento e garantía de calidade dos Masters Oficiales, é dicir, as conseguintes unidades do SGIC.nimación cultural, a docencia, a edición, a análise social e política... Froito da unión de oito universidades de primeira fila, o noso máster caracterízase por ser:
Matrícula provisoria: 9 de xullo ao 7 de setembro
Coordinador: Eduardo Rico Boquete
Centro: Facultade de Xeografía e Historia. Santiago de Compostela
Tel.: 8818 12574 ·Interno USC: 12574
Mail: eduardo.rico@usc.es
Web: http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/presentacion.htm