Histagra recibe investigadores visitantes

HISTAGRA recibe a investigadores visitantes da Universidad de Costa Rica, da Université Catholique de Louvain e do  KTH Royal Institute of Technology

 

No primeiro cuatrimestre do curso 2022-2023 HISTAGRA recibiu a visita e estadía da investigadora Lissy Marcela Villalobos Cubero da Universdidad de Costa Rica, Eleonore Haddioui da Université Catholique de Louvain e do investigador Marco Armiero do KTH Royal Institute of Technology de Suecia.

 

Lissy M. Villalobos contextualizou as condicións socioeconómicas globais en materia rural a finais do século XX, coa finalidade de precisar o papel que xogou nelas o terceiro réxime alimentario global, as tendencias do turismo rural e os paradigmas de desenvolvemento económico en boga. Identificou o proceso de construción da definición do turismo rural como problema público de carácter socioeconómico, que experimentaban Costa Rica entre as décadas de 1980 e 2000, co fin de explicar a súa articulación como parte da práctica produtiva nos espazos rurais. 

 

Marco Armiero investigou sobre o encoro de Ribadelago e o accidente que provocou unha das maiores catástrofes da ditadura e compara este feito co sucedido en Italia Vajont.

 

Eleonore Haddiou traballou realizou unha investigación de campo baseada nos contactos da sociedade civil do grupo HISTAGRA, con temas que xiran ao redor das cuestións memorias, e da exhumación de fosas do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática. Esta investigación realizouse mediante o método etnográfico: observación participante, entrevistas en profundidade e historias detalladas de vida.