HISTAGRA conta con novos contratos de investigación predoutoral

Novos contratos predoutorais en HISTAGRA

 

HISTAGRA ven de conseguir no ano 2022 tres contratos predoutorais de investigación.

 

Roque Sanfiz Arias é contratado FPI no Grupo e está asociado ao proxecto  de investigación Las dos vias de cambio y desarrollo agrario del siglo xx. Pluralismo de saberes en un marco organico y tecnocracia de la revolucion verde. La agricultura atlantica, 1880-2000, do que é IP Lourenzo Fernández Prieto. A investigación busca afondarnos diferentes modelos de cambio tecnolóxico que se desenvolveron na agricultura galega no século XX

 

Sara Moreno Plaza é contratada FPI no Grupo e está asociada ao proxecto  de investigación Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX do que é IP Alba Díaz-Geada. A súa investigación céntrase nos motíns e as revoltas populares na Galicia do primeiro terzo do século XX

 

Andrea Rivas Fiel é contratada pre doutoral de Xunta de Galicia  no Grupo. As súas liñas de interese versan sobre a historia social, de xénero e do feminismo, estudando as dinámicas de mobilidade, sociabilidade, traballo e coidados con e entre os xéneros na Galicia rural contemporánea