Ciclo Pasados Incómodos: Xavier Juncosa. 15-12-2022

HISTAGRA organiza unha nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos: Xavier Juncosa

 

O xoves día 15 de decembro ás 12 horas terá lugar unha nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA

 

No ciclo de conferencias Pasados Incómodos, participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

 

Este xoves visitaranos Xavier Juncosa, que nos ofrecerá o relatoio: Informes do contraespionaxe francés en Barcelona e Madrid (1943-1945) nos arquivos militares de Vincennes.

 

Datos:

 

Data: 15/12/2022

Título: Informes do contraespionaxe francés en Barcelona e Madrid (1943-1945) nos arquivos militares de Vincennes.

Relator: Xavier Juncosa

Hora: 12 h              

Lugar: Facultade de Historia. Aula 14 

 

 

Sobre o conferenciante:

 

Xavier Juncosa (1956) é un cineasta, historiador, ensaísta, novelista e tradutor catalán. Foi director, creador e guionista de máis de cen documentais, entre eles os dedicados á vida e obra de Manuel Sacristán: “Integral Sacristán” (2007). Autor de novelas e ensaios como El missatger del fred. La desaparició d´Hernan Gurguí, desertor de la División Azul (2012), nos últimos anos está dedicado ao estudo dos fondos dos arquivos militares franceses relacionados co espionaxe e o exilio español da Guerra Civil

 

Os arquivos: 

 

O Centre historique deas arquives é un dos tres centros do Service historique da Défense. Recolle os arquivos producidos polo Ministerio das Forzas Armadas, excepto os das unidades da Mariña francesa, os da Dirección Xeral de Armamento e os relativos ao persoal militar e civil de Defensa. Alberga máis de 120 quilómetros lineais de documentos producidos e recibidos desde o século XVII polas administracións centrais dos ministerios encargados de asuntos militares e polos estados maiores, servizos e unidades dos tres exércitos e da xendarmería nacional.

Documentos