Stefania Barca entre @s seis investigador@s de historia máis citad@s

A investigadora de HISTAGRA Stefania Barca, entre as seis máis citadas en Historia na lista da Universidad de Stanford
Na lista de Stanford "2022 data-update for "Updated science-wide author databases of standardized citation indicators", so aparecen seis historiadores das universidades españolas entre eles Stefania Barca, investigadora do Grupo HISTAGRA-USC e do CISPAC.
Estes datos, que acaban de difundirse pertencen ao ranking considerado como o máis prestixioso a nivel mundial que inclúe a casi 200.000 científicos pertencentes a diferentes áreas de estudo. O estudo analiza o 2% do percentil máis alto. Os resultados son dunha serie de parámentros que miden o impacto e a calidade das publicacións.
Dos 61 investigadores citados da Universidade de Santiago de Compostela, Stefania Barca, é a única de Humanidades.
Listado completo en:
https://elsevier.digitalcommonsdata.com/datasets/btchxktzyw/4
Sobre Stefania Barca:
https://histagra.usc.es/es/persoas/59/stefania-barca