HISTAGRA presente nas XORNADAS DE PRESENTACIÓN DO CISPAC 19-21 de outubro de 2022

HISTAGRA presente nas XORNADAS DE PRESENTACIÓN DO CISPAC 19-21 de outubro de 2022
Histagra, como un dos Grupos que forma parte do CISPAC coa presenza de 7 investigadores entre os membros do Centro - Lourenzo Fernández Prieto, Stefania Barca, Carlos Benítez Trinidad, Ana Cabana Iglesia, Miguel Cabo Villaverde, Daniel Lanero Táboas, Antonio Miguez Macho e Eduardo Rico Boquete-, estará presente nas Xornadas de Presentación que se celebran entre o 19 e o 21 de outubro.
Ademais, os investigadores Ramón Villares e Xesús L. Balboa partiparán en dúas mesas redondas.
Baixo o título Olladas da investigación universitaria e diálogos para a transferencia: PAISAXES ATLÁNTICAS RESILIENTES EN TRANSICIÓN AMBIENTAL, especialistas de varias universidades e centros de investigación debaterán ao redor dos cinco campo que conforman o CISPAC: Paisaxes que teñen xente, paisaxes que producen, paisaxes que se gobernan, paisaxes con patrimonio e paisaxes visitadas.
O programa está estruturado en cinco conferencias maxistrais e outras tantas mesas de debate de expertos académicos e do mundo social, productivo e da administración. Formúlanse nestas xornadas problemas importantes cuxa resolución pode resolverse dende a investigación universitaria, pero que deben ser aplicados nos seus contextos.
O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é un centro singular interuniversitario de investigación, de nova xeración, que forma parte do Sistema universitario de Galicia (SUG)
Máis información:
https://cispac.gal/cispac/
http://imaisd.usc.es/eventos.asp?i=gl&s=-70-73#1628