HISTAGRA nos seminarios do Institut für Sozialanthropologie da Universidade de Berna

HISTAGRA nos seminarios do Institut für Sozialanthropologie da Universidade de Berna
Mañá martes o investigador en formación de HISTAGRA David Fontán bestilleiro e o IP do Grupo Lourenzo Fernández Prieto, participan nos Seminarios do Institut für Sozialanthropologie da Universidade de Berna
Presentarán o traballo: Applied history for a socio-ecological transition: The experience of the Laboratorio Ecosocial do Barbanza (Galicia)
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que mira ao pasado e presente das comunidades locais para impulsar os aproveitamentos sostibles do futuro. Trátase dun proxecto pioneiro no Estado, en tanto non existe ningún Laboratorio que combine ciencia e sociedade e que estea orientado á investigación e praxe en ecoagroinnovación.
Máis Información:
https://www.anthro.unibe.ch/about_us/anthropology_research_seminar/index_eng.html
https://www.anthro.unibe.ch/unibe/portal/fak_historisch/dkk/anthro/content/e40428/e48882/e290217/2022_HS22_ProgrammInstitutskolloquium_eng.pdf