HISTAGRA na homenaxe a Juan Rof Codina

HISTAGRA participa na homenaxe a Juan Rof Codina

 

Maña xoves ás 19 h. no Salón Nobre do Colexio de Fonseca da USC, o Catedrático de Historia Contemporánea e IP de hISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto levará a cabo a conferencia "Rof Codina (1971-1967), un científico de cando os veterinarios aprendían dos labregos", nos actos de homenaxe a Juan Rof Codina co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galicia.

 

 

No mesmo acto tamén se entregarán as medallas de investigación da Real Academia Galega de Ciencias 2022

 

Máis datos:

 

6 de outubro de 2022

19 horas
Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela

 

Documentos