HISTAGRA consegue unha Bolsa Máster do Banco Santander

HISTAGRA consegue una Bolsa Máster do Banco Santander
O Grupo HISTAGRA ven de conseguir para unha das súas membros unha Bolsa Máster do Banco Santander.
A beneficiada é Alba Águeda Iglesias Amil e terá unha duración dende o 01/05/2022 ata o 30/11/2022, co propósito de formarse e iniciarse na investigación. A investigadora incorporarase ao grupo HISTAGRA para iniciar a súa formación investigadora, neste mes de maio.
Ademais, e relacionada coa investigación, realizará tarefas de documentación en terraememoria.usc.gal, no CISPAC (Gabinete de imaxe)
Título da investigación:
Memoria das mulleres perseguidas no golpe de estado de 1936 en Galicia: fontes para facer historia
Resumo:
O traballo a desenvolver estará centrando en realizar os inicios dunha investigación en base á liña
temática do Equipo de Investigación HISTAGRA: Guerra, franquismo, transición e memoria, concretamente o
apartado que atende a "Historia e memoria do S. XX. Políticas da memoria", seguindo o tema exposto no
propio titulo en base á memoria das mulleres perseguidas no tempo do Golpe de Estado de 1936 no territorio
galego.