Ciclo pasados incómodos: Mesa sobre a Arqueoloxía do conflito

HISTAGRA organiza unha mesa de debate ao redor do tema A Arqueoloxía do Conflito

 

O próximo xoves día 24 de febreiro ás 11 da mañá na aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia celebrarase unha mesa de debate sobre a Arqueoloxía do conflito, na que participan @s arqueólog@s , Laura Muñoz (Incipit-CSIC) e Xurxo Ayan.

 

O Grupo HISTAGRA, xunto ao Grupo SINCRISIS, o IMELGA e o Instituto de Medicina Legal da USC "Luís Concheiro", levaron a cabo en 2021 o desenvolvemento do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia, grazas ao que se levou a cabo a exhumación das fosas comúns de Vilagarcía de Arousa e San Pedro de Filgueira (Crecente). Nesta liña, organizamos unha mesa de debate na que partiucpan especialistas nos traballos relacionados coa arqueoloxía do conflito, nomeadamente da violencia franquista en España.

 

Data: 24/02/2022

Título: A arqueoloxía do conflito

Relatorxs: Laura Muñoz (Incipit-CSIC),  Xurxo Ayán

Hora: 11 h             

Lugar: Facultade de Xeografía e Historia. Aula 14

 

Conferencia presencial e por teams:

 

https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b

Documentos