HISTAGRA no coloquio Reformismo republicano e modernización

HISTAGRA participa entre o 15-17 de febreiro no V Coloquio REFORMISMO REPUBLICANO E MODERNIZACIÓN en Cáceres

 

A reunión científica REFORMISMO REPUBLICANO Y MODERNIZACIÓN organizada pola Universidad de Extremadura e coordinada polo profesor Julián Chaves Palacios, analiza durante tres días as medidas que, entre 1931 e 1936 se levaron a cabo nos diferentes gobernos republicanos  sobre a Reforma Agraria:

 

HISTAGRA estará presente a través do seu IP, Lourenzo Fernández Prieto que ofrecerá a conferencia “Unha reforma agraria, varias agriculturas e moita historiografía”, o mércores 16 de febreiro ás 17 h.

 

Sobre o congreso:

 

"Tras a proclamación da República o Goberno Provisional puxo en marcha unha política de reformas socio-laborais, educativas, laicistas, militares… que pretendían modernizar España e equiparala aos modelos europeos máis avanzados. Reformas que chocaron coa resistencia ao cambio dos sectores máis conservadores, nun marco de intensa conflitividade e de depresión pola crise económica do 29. A Secretaria de Estado de Memoria Democrática do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, coa colaboración da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Estremadura, organizaron o seguinte coloquio, presencial e en liña, no que participarán destacados historiadores que reflexionarán sobre as reformas daquela experiencia democrática que foi a II República, instaurada hai agora 90 anos"

 

Máis información:

 

http://www.historiauex.es/historia_contempornea_6/v_coloquio90_aniversario_de_la_ii_repblica_reformismo_republicano_y_modernizacin_reformas_conflictividad_y_resistencias_al_cambio_524

Documentos