Seminario de HISTAGRA 2021-2022

Novo Seminario de HISTAGRA: Alejandro Pérez-Olivares falará sobre o comisario franquista Comín Colomer
O próximo venres 11 de febreiro ás 12 da mañá na Facultade de Historia, o profesor da Universidad de La Laguna, Alejandro Pérez-Olivares, ofrecerá unha charla sobre a figura do comisario franquista Eduardo Comín Colomer.
O acto enmárcase nas actividades realizadas polo Grupo HISTAGRA para o curso 2021-2022.
Eduardo Comín Colomer (Zaragoza, 1908-Madrid, 1975), foi un policía, escritor e xornalista profranquista que publicou diversos traballos sobre a masonería e o comunismo. É considerado un «propagandista» de teses anticomunistas e antimasónicas e a súa obra é catalogada dentro do xénero das teorías de conspiración. A súa pertenza ao Cuerpo General de Policía deulle acceso a numerosos informes, documentos e arquivos.
Data: 11/02/2022
Título:Una Policía para un régimen de control. El itinerario personal-institucional de Eduardo Comín Colomer (1938-1975)"
Relator: Alejandro Pérez-Olivares García
Hora: 12 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula Máster Contemporánea