Seminario da profesora Dulce Freire

Seminario de Dulce Freire. 18 de xaneiro de 2022

 

O próximo martes día 18 de xaneiro terá lugar o Seminario "Os cereais que alimentam o mundo: dinâmicas de produção na Península Ibérica na longa duração", ofrecido pola profesora Dulce Freire e o seu equipo de investigación. A intervención versará sobre a dinámica da produción de cereais na Península Ibérica en longo prazo. 

 

Amais, establecerase un debate sobre cal sería o mellor espazo para realizar un traballo de campo en Galicia en referencia a este tema.

 

Con este Seminario inauguramos un ciclo académico no espazo do CISPAC (http://cispac.gal/). A misión do CISPAC é a investigación sobre as paisaxes desde unha perspectiva transdisciplinar, na procura de dar respostas epistémicas aos retos contemporáneos, para producir dende o coñecemento outra forma de ollar e traballar a paisaxe, o patrimonio e a produción, dende a identidade, a participación e sustentabilidade

 

Datos

 

Data: 18/01/2022

Título:Os cereais que alimentam o mundo: dinâmicas de produção na Península Ibérica na longa duração

Relatora: Dulce Freire

Hora: 11 h           

Lugar: Edificio Fontan. CISPAC. Cidade  da Cultura de Galicia. Seminario 103

 

Documentos