Laboratorio Ecosocial do Barbanza

HISTAGRA retoma a colaboración co Laboratorio Ecosocial do Barbanza
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza dará conta dos logros alcanzados e informará sobre o seu futuro da man dos máximos representantes das entidades que o compoñen -a Fundación Banco Santander, a Fundación RIA e a Universidade de Santiago de Compostela-, na presentación e rolda de prensa que se celebrará o vindeiro xoves 4 de novembro ás 12:45 no salón de plenos do concello de Rianxo.
Nesta xornada estarán presentes os máximos representantes das entidades que desenvolven o Laboratorio:
- Rodrigo Echenique, presidente da Fundación Banco Santander, entidade cofinanciadora do proxecto.
- Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander.
- David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto.
- Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
- Lourenzo Fernández Prieto, catedrático e coordinador do grupo de investigación HISTAGRA (USC)
Rolda de prensa
Data e hora
Xoves 4 de novembro de 2021, entre as 12:45 e as 13:45.
Localización
Salón de plenos do concello de Rianxo. (https://goo.gl/maps/KMsEr5RNrD8emFxMA)
Intervencións
- Recepción a cargo de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo
- Lourenzo Fernández Prieto, catedrático e coordinador do grupo de investigación HISTAGRA (USC)
- David Chipperfield, presidente da Fundación RIA
- Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander
- Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Confirmación de asistencia á rolda de prensa
Rogamos que nos envíen confirmación de asistencia a