Laboratorio Ecosocial do Barbanza

HISTAGRA retoma a colaboración co Laboratorio Ecosocial do Barbanza 

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza dará conta dos logros alcanzados e informará sobre o seu futuro da man dos máximos representantes das entidades que o compoñen -a Fundación Banco Santander, a Fundación RIA e a Universidade de Santiago de Compostela-, na presentación e rolda de prensa que se celebrará o vindeiro xoves 4 de novembro ás 12:45 no salón de plenos do concello de Rianxo.

 

Nesta xornada estarán presentes os máximos representantes das entidades que desenvolven o Laboratorio: 

  • Rodrigo Echenique, presidente da Fundación Banco Santander, entidade cofinanciadora do proxecto.
  • Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander.
  • David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto.
  • Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
  • Lourenzo Fernández Prieto, catedrático e coordinador do grupo de investigación HISTAGRA (USC)

 

Rolda de prensa

Data e hora 

Xoves 4 de novembro de 2021, entre as 12:45 e as 13:45.

Localización

Salón de plenos do concello de Rianxo. (https://goo.gl/maps/KMsEr5RNrD8emFxMA)

Intervencións

  • Recepción a cargo de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo
  • Lourenzo Fernández Prieto, catedrático e coordinador do grupo de investigación HISTAGRA (USC)
  • David Chipperfield, presidente da Fundación RIA
  • Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander
  • Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Confirmación de asistencia á rolda de prensa

Rogamos que nos envíen confirmación de asistencia a 

info@fundacionria.org

Documentos