HISTAGRA no III Congreso Internacional Mundos Indígenas

HISTAGRA participa no III Congreso Internacional Mundos Indígenas

 

Entre o 2 e o 5 de novembro, terá lugar a celebración do III Congreso Internacional Mundos Indígenas. Trátase dun evento académico bianual e conta con varios simposios temáticos, cursos cortos, conferencias e mesas redondas sobre temas, historias e memorias indíxenas do pasado e presente.

 

No III COIMI 21 - EN LIÑA, revisarase o tema indíxena non cunha mirada ao pasado polo pasado en si, senón ás demandas do presente, que tamén se converteron en reclamos dos movementos indíxenas das últimas décadas, é dicir, a historia, memoria, educación, recoñecemento de etnias, territorios, patrimonio, natureza, todos eles como dereitos históricos e inalienables.

 

HISTAGRA está presente a través do investigador do Grupo Carlos Benítez Trinidad

 

Máis información e sesións en:

http://coimi.net

 

Documentos