Galería de imaxes do "Seminario no Courel. Paisaxe e agricultura orgánica no tempo"

O pasado 11 de maio, o Grupo de Agroecoloxía ReVolta desenvolveu no O Courel a súa segunda xornada de traballo, no marco do "Seminario Paisaxe e agricultura orgánica no tempo".
A rede ReVolta está integrada polos grupos de investigación HISTAGRA (USC), dirixido por Lourenzo Fernández Prieto; COSMERUN (USC), dirixido por Xoán Carlos Carreira; LABORATE (USC), que dirixe Rafael Crecente Maseda; GESPIC (USC), dirixido por Xoán Carmona e GIEEA (UdV). Os membros destes grupos realizaron traballo de campo para reflexionar sobre as condicións da produción agraria, a paisaxe agraria como fonte de interpretación, a ocupación e o aproveitamento do espazo, a lóxica enerxética da produción agraria orgánica e as marcas do abandono.