Presentación Libro "Labrando nutrientes" de Beatriz Corbacho

Presentación do Premio Ferro Couselo á investigadora de HISTAGRA Beatriz Corbacho González

 

O venres 23 de xullo ás 19 h. terá lugar a presentación da publicación da investigadora de HISTAGRA Beatriz Corbacho González, Labrando nutrientes. Intensificación agraria e manexo da fertilidade do solo na agricultura galega dos séculos XVIII-XIX, que foi merecente do XX Premio de Investigación Ferro Couselo en 2019.

 

O acto terá lugar no Auditorio do Concello de Valga e contará coa presenza das autoridades do concello amais da premiada.

 

 

Documentos