Selección de Proxectos Semente-Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Resolución da Convocatoria de Proxectos Semente
Tras un debate extenso, que contou coa participación dos equipos de Fundación RIA, o grupo HISTAGRA da USC, as achegas de Fundación Banco Santander e dun Consello Asesor composto por investigadores das universidades galegas e asesores expertos na promoción do desenvolvemento rural chegouse á selección de 3 proxectos:
- Comprender e transformar o territorio desde a biocultura
Promove Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel de Rianxo
- Máis ca leña
Promove Comunidade de Monte Veciñal en Man Común “O Fieitoso” de Taragoña
- Establecemento dunha gandería extensiva de vacún de carne nas brañas de Laíño
Promove María Teresa Feiría Baleirón
Desde o Laboratorio destacamos a calidade de todas as candidaturas recibidas, o que pon de relevo a existencia dun gran potencial para impulsar o desenvolvemento das áreas rurais da comarca por parte da comunidade local. O equipo do proxecto manifestamos a nosa vontade para colaborar con todas as iniciativas, aínda que non fosen seleccionadas, e animando aos candidatos para presentar os seus proxectos en próximas edicións da convocatoria.
As entidades que integran o Laboratorio Ecosocial do Barbanza —Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA), grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela, Fundación Banco Santander e Cátedra Juana de Vega— agradecen a todas as persoas e entidades que participaron nesta convocatoria o seu interese na iniciativa e felicitan aos beneficiarios das axudas por lograren superar con éxito o proceso de selección desta convocatoria.