Histagra presente na Xuntanza de produtores/as organizada por Eo Alimenta

Histagra presente na Xuntanza de produtores/as organizada por Eo Alimenta
HISTAGRA, como un dos promotores de Eo Alimenta, participa o 18 de xuño na xornada pública Encontro de produtoras/es. Que podemos facer en conxunto? O encontro comezará as 19:00 h. na sede da Fundación Edes no Cabillón en Tapia de Casariego (Asturies).
A xornada que terá unha duración dunha hora e media comezará cunha breve presentación do proxecto Finca el Cabillón, e continuará cunha dinámica de traballo artellado a través de catro mesas de traballo: Organización Mínima de Produción Conxunta, Loxística e Planificación, Gobernanza Interna (Asociación ou non, normas…) e Sensibilización Cidadá. O obxectivo do encontro é acadar unha maior coordinación entre os productores da zona, polo que se anima a conseguir unha alta participación, para así poder ver que medidas se poden poñer en marcha na Estratexia Alimentaria Participativa que se está deseñando na actualidade
Máis información:
https://eoalimenta.ribadeo.org/a-fundacion-edes-acolle-unha-xuntanza-de-productores-o-18-de-xuno/