Presentación da investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e principios de sostibilidade para unha próxima convocatoria de proxectos

Link para o acceso á conversa

 

 

Data do evento

Venres 9 de abril de 12:00 a 13:30

 

Orde do día

  • Conclusións da primeira fase da investigación
  • Principios para iniciativas sostibles, que servirán como base da convocatoria de proxectos da segunda fase do Laboratorio, que arrincará nas vindeiras semanas
  • Presentación do libro Cando eramos sostibles Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, que recolle o traballo desenvolvido durante a primeira fase da investigación

 

Interveñen

 

Acceso á publicación Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro

 

Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, a publicación que recolle as conclusións do primeiro ano de investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, centra a súa mirada nunha rexión moi concreta de Galicia, a península do Barbanza, para poñer en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas na rexión que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade. De todo este proceso extráense leccións coas que amosar posibles achegamentos a cuestións económicas, sociais e ambientais que son relevantes alén deste territorio.

 

A publicación será gratuíta e a súa descarga poderá realizarse a partir do venres 9 de abril en barbanzaecosocial.org, a páxina web do Laboratorio Ecosocial del Barbanza.

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto coordinado pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela na parte de investigación. O proxecto foi posible grazas á cofinanciación da Fundación Banco Santander e a colaboración da Cátedra Juana de Vega.